lunes, 9 de junio de 2014

Para ser alumn@ hoxe...

Nos tempos actuais, ser alumno non é tarefa doada. Moitas horas de estudo, exames, traballos e clases son só o máis básico do feito de ser alumno, pero iso non é suficiente. A isto hai que engadirlle outras características que fagan unha boa mestura.

Receita dun alumno promedio:

Ingredientes para nen@:
Panoramix de Uderzo
-30kg de masa ósea
-40kg de masa muscular
-Tendóns
-1 estofado cerebral
-Varios órganos
-Vísceras
-2 kg de bacterias
-Unha pizca de sal

Ingredientes para a preparación d@ alumn@:
-70kg de libros
-Dúas culleradas sopeiras de educación
-1000h de estudos
-Unha cunca de creatividade
-200g de enerxía
-500g de paciencia mesturada con 1/2 cunca de ilusión
-10 xogos de lapis, papeis e bolígrafos de diferentes cores
-3 mochilas
-Atención ó gusto


Preparación nen@:
Xeralmente soio empregar uns bos pais que mesturen todos os ingredientes, pero en caso de non ser posible, realizar unha estrela de 5 puntas dentro dun círculo, arrimar velas e invocar os poderes do escuro.


Preparación do alumn@:
Tras deixar repousar o neno durante dous ou tres anos, inscribilo na escola máis próxima. Otorgarlle unha mochila e 3 xogos de material escolar para esta primeira cocción. Ir engadindo paulatinamente ó longo de 7 anos coñecementos básicos de 25kg de libros e 200h de estudo. Non hai que esquecer engadirlle algo de enerxía (uns 100g) e paciencia (uns 125g) xunto coa ilusión e a atención durante estes anos para evitar que se seque. Botar unha cullerada de educación ó final.

Tras esta primeira cocción, introducir nun instituto durante 6 anos (pódese cambiar aos catro anos a un centro de educación superior) e engadir os 7 xogos de material escolar sobrantes dentro de dúas mochilas. A continuación introducir a cullerada restante de educación nunha pota xunto cos 100g de enerxía e 375g de paciencia restantes e a cunca de creatividade. Poñer a ferver durante 5 meses e finalmente botalos cubrindo os 45kg de libros e 800h de estudo que quedan. Finalmente, cubrir o alumno con esta mestura e recollelo tras estes anos de cocción coma unha persoa preparada para o futuro.

Referencias: a imaxe de Panoramix é sacada da páxina oficial do cómic e a do neno é da Biblioteca Dixital de Castela